Cada mes de abril chega unha das actividades que máis nos gusta no Brea Segade. O alumnado de 4º, 5º e 6º convertido en padriños e madriñas lectores dos pequen@s. Unha semana preparando as lecturas e os agasallos para os afillad@s e gardando o segredo, a sorpresa de ver quen lles tocou, o agarimo co que os padriños e madriñas tratan aos pequen@s e a alegría destes... Como non nos vai gustar o apadriñamento lector?
Apadriñamento lector 2019 from Biblioteca Brea Segade on Vimeo.
Este abril, despois de ver a curta do marcapáxinas surfista, tiñamos que elaborar marcapáxinas cheos de vida, e así foi..
Apadriñamento: marcapáxinas from Biblioteca Brea Segade on Vimeo.
Así contan no seu blogue como se sentiron os afillados e afilladas de Terceiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario