O venres rematamos o 2º trimestre e quixemos facelo cunha función de teatro, para pechar as actividades que desde finais de marzo organizamos na BBS para conmemorar o Día do teatro. Tivemos a sorte de que Celtia Figueiras estivera no cole con As aventuras de Gale, adaptación da obra "Historia da Lingua galega, do latin ao acento de Burgos" de Pepe Carreiro. Coñecíamos a Celtia e sabiamos que nos agardaba un bo espectáculo e así foi, Gale engaiolounos a tod@s! É unha obra moi fermosa esteticamente e moi necesaria para aprender e reflexionar sobre o que fomos, o que somos e cara a onde debemos camiñar. Grazas, Narciso e o Consorcio Editorial, por facer posible que Celtia e Gale estiveran no Brea Segade.
Grazas, Celtia, pola túa sensibilidade e o teu bo facer! Encantounos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario