1 de abril de 2019

Día Mundial do Teatro: Xesús Santos

Hoxe visitounos Xesús Santos Suárez. Pedímoslle que viñera falar con nós de teatro, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Teatro, que foi o pasado 27 de marzo. Falar de teatro en Rianxo é falar do grupo Airiños que, cos seus 86 anos de vida, é a compañía de teatro amador máis veterana de Galicia. Falar de Airiños é tamén falar de Xesús Santos: mestre, escritor, investigador, historiador, director e actor teatral. Hoxe compartiu o seu saber sobre a historia do teatro en Rianxo co alumnado de 4º, 5º e 6º. Só coñecendo podemos valorar o que temos, e en Rianxo temos unha rica tradición teatral que transmitir e continuar.

Grazas, Santos!





Ningún comentario:

Publicar un comentario