22 de maio de 2019

Ensalada Brea Segade

Despois de gardar silencio polos nosos bosques e as ameazas que están a sufrir, collemos forzas, para a loita ecoloxista, que ha ser longa. Nada mellor para coller forzas que tomar as primeiras leitugas e rúcula da nosa colleita deste ano 😋

Mirade que leitugas temos! Máis ben tiñamos 😉           





Ao igual que todo o cole traballou no obradoiro de horta, hoxe coa colaboración de varios cursos prepararouse unha ensalada que papamos por completo, sen deixar resto ningún. Xa imaxinades como estaba de boa!





Mmmmmmm!
 E María, Emma e Chantal, da ANPA, tamén botaron unha man prepararándoa e repartíndoa. Moitas grazas ás tres! 😍








Somos un cole ecoloxista! E estamos moi orgullos@s 😃

Ningún comentario:

Publicar un comentario