7 de maio de 2019

LIX Rianxo

Temos moi boas novas!
Entre o 13 e o 19 de maio celebrarase a 1ª edición da Semana do Libro Infantil e Xuvenil, Lix Rianxo. É unha colaboración co Salón do Libro de Pontevedra, polo que comparte filosofía, lema, autor homenaxeado, cultura convidada, materiais e recursos do Salón e engade a esencia do traballo a prol da lectura e a cultura que se está a desenvolver nas bibliotecas escolares e municipal e no concello de Rianxo. O programa é moi variado e contempla actividades para escolares en horario de mañá e actividades para familias en horario de tarde. O Brea Segade participará en tres xornadas pola mañá e na exposición de traballos escolares. Convidámosvos a ler con calma o programa e escoller as actividades de tarde e fin de semana que máis vos presten, hai moito e moi bo!
Desde a Biblioteca Brea Segade, que leva xa uns cantos anos colaborando co Salón do Libro de Pontevedra, aplaudimos e acollemos con ilusión esta iniciativa.😃


Ningún comentario:

Publicar un comentario