
Fina é unha das grandes colaboradoras do cole, que sempre está disposta a botarnos unha man compartindo a súa experiencia e o seu saber, e volveu facelo, desta vez contando un conto. Ela e Minia, que tamén debutaba como contadora, escolleron O oso e o piano, de David Litchfield. Prepararon carteis, marionetas, a lectura... e o martes fixeron que o pasaramos moi, moi ben compartindo con nós unha historia ben bonita, que fala da importancia da amistade.
![]() |
Anunciando o conto na entrada |
![]() |
Bravo, contadoras! |
Grazas, Fina! Grazas Minia!
Ningún comentario:
Publicar un comentario