Este venres o porto, as praias e a senda de Taragoña foron as nosas aulas. Traballamos Sociais, Naturais, Galego, Valores Sociais e Cívicos, Plástica e Matemáticas cos recursos que o noso entorno máis próximo pon ao noso dispor.
Acompañounos Emilio Saborido, presidente
da ANPA, directivo da Comunidade de Montes de Taragoña e membro
fundador do colectivo veciñal Fousas ao Monte. Con el aprendemos a
distinguir carballos de cerquiños, o que son os cocos dos carballos,
recoñecer o loureiro, descubrir os tobos dos raposos, os nomes das calas
que fomos atopando de camiño... Grazas, Emilio!
Ningún comentario:
Publicar un comentario