Só levan 5 días lectivos con nós e xa nos teñen agasallado cunha morea de experiencias e aprendizaxes, de primeira man. O que levamos compartido só nunha semana!
Nas aulas temos falado de mamíferos, de herbívoros, de monte sostible, de socialización animal e, sobre todo, do ciclo da vida. Nestes cinco días houbo 3 partos a carón da nosa escola e tivemos a sorte de poder presenciar e gravar dous deles. A diario vemos ás cabuxas mamar, medrar, acariñar e ser acariñadas polas súas nais... Que luxo! E isto só acaba de comezar...
Grazas, unha vez máis á comunidade de Montes de Taragoña e ao Colectivo Fousas ao Monte por este proxecto tan fermoso e con tanto potencial educativo.

Na Voz de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario