Hoxe, na Hora de Ler, algúns dos axudantes da BBS compartiron lecturas cos nenos e nenas de 1º, 2º e 3º. Foron contos moi especiais, contos de cabuxas. Buscamos contos nos que as cabras foran protagonistas ou nos que se falara delas. Atopamos moitos e escollemos tres, para ir comezando: A cabra boba, Os sete cabritiños e A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza, que recolle coma ningún a cantidade e calidade de excrementos que as cabuxas soltan, as nosas tamén 😂😂.
Moi ben, rapaces e rapazas! Xeniais eses contos de 🐐🐐
Viva a toupiña e a súa caca! Nerea de 5º
ResponderEliminar