3 de abril de 2020

A voda do galo pinto

Abril, mes dos libros  e dos contos. 
Hoxe compartimos un agasallo que nos fai a nosa amiga Merchi Pimentel.  Merchi  estivo na BBS contándonos A voda do galo pinto. Agora podemos escoitala e lembrar o moito que nos gustou o conto e a súa interpretación. Estes agasallos e saber que os amigos e amigas da BBS están aí e volverán gozar con nós dos contos, do teatro, da música e da nosa biblioteca, fannos máis levadeira a espera.
Grazas, Merchi!

1 comentario:

  1. Nenas e nenos do Brea Segade, gústame moito contarvos contos, e gústame tamén ver as vosas caras cando os estou contando, por eso vos pido cita para cando voltemos á escola ir a esa biblio tan noviña e fermosa que tedes, aí todos xuntiños, contareivos un conto...Fantásticoooo.
    Bicos e apertas a moreas!
    Merchi Pimentel.

    ResponderEliminar