3 de novembro de 2020

A cociñeira do rei

Comezamos os contacontos, que este curso serán virtuais, para poder velos no recreo, na Hora de Ler, na casa... Non podemos ir á biblioteca todos xunt@, pero si podemos seguir gozando cos contos, coas lecturas dramatizadas, co teatro... E por suposto podemos seguir gozando de ser contadoras e contadores. 

Noa e Nerea son as nosas primeiras contadoras virtuais. Escolleron  A cociñeira do rei de Soledad Felloza e Sandra de la Prada. Un conto moi ben escollido para estes tempos estraños que estamos a vivir, mirade como comeza:

O rei tiña unha pena coma unha nube negra, que non o deixaba pensar. E cando un non pensa, todo sae mal... 

Escoitade a Noa e Nerea, van contarnos a receita para espantar as penas...e as nubes negras. Que boa falta fai!

 

 Bravo, contadoras!

Ningún comentario:

Publicar un comentario