Este xoves, Xerardo e Damián, de Ponte nas Ondas, viñeron facer un obradoiro de radio co alumnado de 5º e 6º. Era unha actividade prevista para o pasado abril, dentro do proxecto Radio na Biblio, pero por mor da pandemia tivemos que adialo ata esta semana.
Foi unha intensa mañá de traballo ao redor da radio. Cada grupo tivo tres sesións de traballo: unha sobre locución, outra sobre gravación e edición de podcasts e unha terceira sobre creación de contidos radiofónicos e emisión en directo. Pagou a pena, aprendemos moito e quedamos con ganas de meternos de cheo na radio e seguir experimentando, creando, gravando, emitindo...
Grazas, Xerardo e Damián, por transmitirnos e contaxiarnos a paixón pola radio.
Traballando a locución de textos:
Edición e creación de podcasts:
En directo:
Viva o Brea
ResponderEliminar