Hoxe 5º e 6º baixaron ao Té a coñecer o treito do río que temos apadriñado. Realizaron observacións e medicións e tomaron anotacións nunha ficha de campo. Todos estes datos e máis os recollidos por 3º e 4º serán os que utilicemos para cubrir o 1º informe de inspección do noso treito do río Té na páxina do Proxecto Ríos. 👌😊
Emilio Saborido volveu ser o encargado de coordinar a saída e as actividades no río. Foi outra boa mañá de aprendizaxe na natureza, relacionando e poñendo en práctica contidos de moitas materias e, sobre todo, experimentando e descubrindo o noso patrimonio natural.
Grazas, Emilio!
![]() |
| Aquí comeza o "noso" treito do río Té 😍 |
![]() |
| Aquí remata, no muíño de Francuín. |
![]() |
| Ficha de campo. |
![]() |
| Medindo o ancho do río. |
![]() |
| Medindo a profundidade. |
![]() |
| Collendo unha mostra de auga. |
![]() |
| Analizando parámetros da auga. |
![]() |
| Muíño de Francuín |
![]() |
| Voluntariado Proxecto Ríos 6ª |
![]() |
| Voluntariado Proxecto Ríos 5ª |
![]() |
| O Té |





















Ningún comentario:
Publicar un comentario