O colexio e a ANPA pasamos a ser responsables do coidado dun treito do río Té e comprometémonos a realizar un mínimo de dúas visitas anuais (primavera e outono) recollendo datos sobre o estado de conservación do río.
Enmarcamos a participación no Proxecto Ríos no desenvolvemento do PDI MonteMar, coordinado pola biblioteca, e buscamos integrar o coñecemento e coidado do río Té nas actividades de ensino e aprendizaxe deste curso e dos cursos vindeiros.
Este venres os nenos e nenas de 3º e 4º realizaron a súa primeira visita ao Té deste curso. Foi unha saída didáctica, na que recolleron mostras, fixeron medicións, tomaron anotacións...
Emilio Saborido, presidente da ANPA e coordinador da nosa participación no Proxecto Ríos, foi o encargado de guiar a saída e preparar as actividades que se fixeron no río.
Canto imos aprender con este proxecto!
Grazas, Emilio!
Ningún comentario:
Publicar un comentario