21 de febreiro de 2021

Rosalía

No Día Internacional da Lingua Materna publicamos un novo podcast da Radio BBS. 

Trátase  da lectura colectiva de Rosalía, de Helena Villar Janeiro, ilustrado por Ánxeles Ferrer e publicado pola Fundación Rosalía de Castro. Alumnado de 1º a 6º participa nesta homenaxe a Rosalía de Castro, á nosa lingua e á nosa cultura.

Entra no seguinte enlace para escoitar o programa: Rosalía

Gravando:


2 comentarios:

  1. Graciñas, Biblioteca do colexio "Brea Segade". Só por este traballo tan completo e magnífico que fixestes, pagaría a pena escribir ese libro. Poucas veces me ten emocionado tanto a radio, as crianzas facéndoa, a fonética do alumnado falante, a música acompasándoo todo... Benzóns para toda esa gran familia que formades un colexio exemplar. Quérovos, abofé.

    ResponderEliminar
  2. Grazas a ti, Helena, por Rosalía e por toda a túa obra, que tanto nos gusta e da que tanto gozamos no Brea Segade. Querémoste :-)
    Biblioteca Brea Segade

    ResponderEliminar