A Asociación de escritores e escritoras en Lingua Galega (AELG) convídanos a ler e compartir os poemas de Xela Arias no Día Mundial da Poesía. Xela Arias é a escritora a quen se dedican as Letras Galegas 2021. Comezamos hoxe a coñecela e compartila; iremos descubrindo a súa importancia como escritora, tradutora, editora, muller...
Este é un dos poemas do libro que escribiu ao nacer o seu fillo, Darío.
Tódolos bebés son tu e ningún coma ti.
Tódolos nenos son tu e ningún coma ti.
Tódolos adolescentes son tu e ningún coma ti.
Tódolos mozos son tu e ningún coma ti.
Tódolos anciáns son tu e ningún coma ti.
Tódalas nais son eu e todas, coma min, saben que es único.
Darío a diario (1996)
Ningún comentario:
Publicar un comentario