9 de marzo de 2021

Obradoiro de radio con Luís Pardo

Hoxe tivemos a sorte de recibir no colexio a Luís Pardo, xornalista da cadea Ser, que veu realizar un obradoiro de radio co alumnado de Quinto, dentro do proxecto Radio na Biblio, da Asesoría de Bibliotecas Escolares. Un luxo!

Luís compartiu con nós a súa experiencia como xornalista e locutor de radio, facéndonos ver como ten que estar escrito un texto para ser lido ante un micrófono, a importancia da voz, do volume e a entonación para transmitir mensaxes, algúns trucos para falar ante o micrófono... Foi moi interesante!

Rematamos o obradoiro cun montón de ideas e de ganas de seguir traballando na nosa radio. Grazas, Luís!








Ningún comentario:

Publicar un comentario