2 de abril de 2021

A Música das Palabras

Cando lemos, á nosa mente médranlle ás.
Cando escribimos, os nosos dedos cantan.

As palabras son golpes de tambor e frautas na páxina,
paxaros voadores e elefantes trompeteiros,
ríos que flúen, fervenzas que caen,
bolboretas que viran
alto no ceo!

As palabras convídannos a bailar
ritmos, rimas, latexos do corazón,
cascos e bater de ás, contos antigos e novos,
fantasías e verdades.

Esteas cómodo na casa
ou atravesando veloz as fronteiras cara unha nova terra
e unha lingua estraña, as historias e poemas
perténcente.

Cando compartimos palabras, as nosas voces
vólvense música do futuro,
paz, alegría e amizade,
unha melodía
de esperanza.

Escrito por Margarita Engle
Ilustrado por Roger Mello
Traducido por María Canosa
 
Como cada 2 de abril, coincidindo coa data de nacemento de Hans Christian Andersen, IBBY (International Board on Books for young people) convídanos a celebrar o Día do Libro Infantil. O obxectivo desta celebración é promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos/as.  
Cada ano un país diferente escolle a un escritor/a e un ilustrador/a para elaborar unha mensaxe que se difunde en todo o mundo. No 2021 EEUU escolleu o tema, a escritora Margarite Engle e o ilustrador Roger Mello.  
Gálix, A Asociación Galega do Libro Infantil e xuvenil, encárgase da difusión da mensaxe en galego grazas á tradución da escritora María Canosa
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario