Hoxe tivemos un espectáculo de títeres na biblio!
A xanela do maxín trouxonos a historia de Lúa, unha
gata que soñaba con viaxar, coñecer novos lugares e ter amigas e
amigos para xogar, pero que estaba sempre na casa porque a súa avoa non
lle deixaba saír afora.
U-la Lua? de Celtia Figueiras,
falanos de igualdade, de non violencia e de facer realidade os soños. É
un fermoso conto que A xanela do maxín convertiu nun espectáculo de teatro e
títeres que nos encantou, a grandes e a pequenos.
Grazas a Celtia e á Xanela do Maxín por traernos a Lúa e volver encher a nosa biblio de contos e soños.
Grazas ao Consorcio Editorial por facelo posible.
Ningún comentario:
Publicar un comentario