28 de novembro de 2021

Mes da ciencia en galego: acción-reacción

No mes de novembro, mes da ciencia en galego nas bibliotecas, propuxemos ás titorías a realización de experimentos, seguindo o método científico, relacionados co PDI deste curso, en concreto cos medios de transporte: propulsión, flotación, densidade... Na clase de 2º conseguiron poñer coches en movemento empregando a propulsión provocada por globos. Aquí os tedes! 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario