As Mochilas Viaxeiras tamén volveron onte, coma nós! Despois dunha longa estancia nas vosas casas viñeron repostar na BBS antes de saír, o xoves, na primeira viaxe do 2022.
Os Cadernos de Viaxe chegaron enchidos de comentarios, debuxos e propostas para saídas en familia. Compartimos as propostas en imaxe de Lois e Minia, fantásticas as dúas:
- A senda do río Té.
- A ponte do rego de Beluso en Bealo.
Grazas, Lois, Minia e as vosas familias!
Grazas a tod@s polas vosas achegas nos Cadernos de Viaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario