31 de xaneiro de 2022

Encontro con Gonzalo Moure

Hoxe tivemos visita na BBS. Había moito tempo que non recibiamos a un escritor na nosa biblio, xa tiñamos ganas de facelo e a verdade é que retomamos os encontros con escritores/as "ao grande", con Gonzalo Moure. El leva anos facendo que os nenos e nenas do Brea Segade viaxen ao Sahara da man de Kori e Caramelo, mergullándose en Palabras de Caramelo, un dos nosos libros favoritos dos itinerarios lectores da BBS. 
Este curso descubrimos El niño de luz de plata e viaxamos de novo ao Sahara e descubrimos os bibliobuses e as bibliotecas do Bubisher e quixemos saber máis e sentirnos participes deste fermosísimo proxecto. 
Gonzalo falounos hoxe do Bubisher, do Sahara, dos seus libros, da lectura e da escritura, dos dereitos dos nenos e as nenas, do  voso poder para transformar o mundo, da xustiza... Un pracer enorme escoitalo!
 
Grazas, Gonzalo, pola túa cercanía e 
por todo o que compartiches con nós!
 
Grazas, Bubisher, por "el niño de luz de plata"!
Con 5º e 6º
Na Radio BBS

Con 3º e 4º

7 comentarios:

  1. Foi moi divertido falar con Gonzalo Moure e tamén gustoume facerlle a entrevista de radio. Tamén quedaron moi chulos os debuxos. Por min que volva mais veces. Son Carla.f de 5º:)

    ResponderEliminar
  2. Gustoume moito el niño de luz de plata e que Gonzalo Moure viñera ao cole.

    ResponderEliminar
  3. Gustoume moito que viñera Gonzalo Moure. Foi moi divertido e encantoume todo o que nos contou sobre os seus libros, o Sáhara ou os refuxiados.
    Foi moi divertido e entretido. Eu tamén quero que volva a vir ao cole.
    Grazas Gonzalo! Icía de 5º.

    ResponderEliminar
  4. Gustoume moito pero moito coñecer a Gonzalo Moure e poder entrevistalo :) Irene 5º.

    ResponderEliminar
  5. gustoume moito que viñera Gonzalo Moure grazas Gonzalo Moure.

    ResponderEliminar
  6. Eu non estiven na reunión per paréceme moi ben que veñan escritores famosos a nosa escola. Héctor Rial Mieites 5º

    ResponderEliminar
  7. Son Ivan 5º. Gustoume moito estar con Gonzalo Moure :)


    eso tilin:)

    ResponderEliminar