Onte asistimos á Xornada de Biblioteca Creativa organizada pola Asesoría de Bibliotecas Escolares e o CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación).
Ao longo do día participamos en charlas e obradoiros sobre xogo, creación e alfabetización mediática e puidemos coñecer e experimentar con recursos para desenvolver a creación e a competencia dixital traballando o currículo cun enfoque metodolóxico innovador. Escoitamos a especialistas como Felicida Campal, Ana Ordás e Pablo Otero e puidemos coñecer e aprender das experiencias doutros centros Plambe.
Un ano máis, volvemos cunha chea de propostas, ideas, recursos e ganas de seguir transformando a BBS nun centro de aprendizaxe creativo, no que o alumnado sexa o protagonista.
Grazas, Asesoría de Bibliotecas Escolares, por apostar por espazos para a formación de calidade e o intercambio de experiencias, tamén nestes tempos de restricións e precaucións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario