16 de marzo de 2022

Biblioteca creativa: escornabots

Hoxe o alumnado de 2º participou nun obradoiro de robótica, como parte do proxecto Biblioteca Creativa, promovido pola Asesoría de Bibliotecas Escolares e do que forma parte a BBS desde hai uns anos. 

Nesta ocasión a formación foi impartida por Almudena Alonso e Miguel Gesteiro de Competencia dixital, que traballaron sobre "Novas linguaxes e pensamento computacional" por medio dos escornabots. Almu e Miguel comezaron animando aos nenos e nenas a descubrir libremente os escornabots, as súas partes, o seu funcionamento e posibilidades. Despois relacionaron o obradoiro co noso PDI deste curso e propuxéronnos unha actividade sobre viaxes espaciais na que os nenos e nenas de 2º tiveron que superar diferentes retos cos escornabots ata conseguir ser recoñecidos como astronautas. Unha chulada!  

Novas linguaxes e recursos para continuar aprendendo dun xeito diferente. Grandes e pequenos/as quedamos con ganas de continuar experimentando, creando e aprendendo.  

Grazas, Almu e Miguel!

Ningún comentario:

Publicar un comentario