7 de abril de 2022

De viaxe polo Barbanza 11

As Mochilas Viaxeiras que viñeron de volta fálannos de lugares favoritos para visitar na Barbanza como: a senda do río Te, a praia de Carragueiros en Cabo de Cruz, o Pozo Bastón ou o Castro Barbudo, pero tamén nos chegou unha proposta de Matteo de 1º que nos leva algo máis lonxe. Matteo e a súa familia propóñennos viaxar ata Cariño, onde vive a súa avoa, e visitar o Cabo Ortegal, un lugar especialmente fermoso que paga a pena coñecer. Tomamos nota da proposta de Matteo; agora na Semana Santa, que temos uns días de descanso ou no verán, animádevos a visitar Cariño e o Cabo Ortegal. 
Grazas a tod@s polas vosas achegas nos Cadernos de Viaxe e polas recomendacións viaxeiras na Barbanza!
Grazas Matteo e familia polas fotos e pola estupenda proposta de viaxe en familia á costa norte de Galicia.
Cabo Ortegal

Ningún comentario:

Publicar un comentario