15 de maio de 2022

Letras Galegas

O pasado venres celebramos as Letras Galegas no colexio. Foi unha mañá chea de luz, flores, poesía, música e tradición. O equipo de Dinamización Lingüística organizou a celebración na que conmemoramos os maios e as Letras. 
Despois da merenda tivemos un obradoiro de colares de flores para confeccionar o maio. No festival cada clase recitou un poema de Florencio Delgado Gurriarán e interpretou un tema preparado na Aula de Música. Rematamos o festival confeccionando o noso maio e interpretando tod@s xuntos Ei ven maio
Os rapaces e rapazas de Sexto foron os encargados de repartir a merenda e os condutores do festival. Grazas, Sexto! Fixéstelo de marabilla!
Parabéns a tod@s polo traballo que fixestes para esta celebración e polo ben que cantastes, recitastes e celebrastes as nosas Letras.
Vivan as Letras Galegas!

1 comentario: