7 de maio de 2022

Máis ca leña: arrancamos!

Este venres tivo lugar a primeira visita do proxecto Máis ca leña. Os grupos de 5º e 6º levaban tempo preparando todo e con ganas de comezar, pero estes dous últimos cursos a pandemia non nolo puxo doado. Por fin, o alumnado de 5º recibiu onte ao alumnado e profesorado do Obradoiro de Emprego en Xestión Forestal de Boiro. Comezaron a visita na aula "Máis ca leña", que acondicionamos no cole, e despois foron pasando por cada unha das estacións do percorrido, explicando en que consisten e que importancia teñen no coidado e aproveitamento do noso monte. 

Foi unha mañá moi especial, na que pese aos nervios, puidemos ver a enorme riqueza e potencial do proxecto Máis ca leña

Moitísimas grazas ao Obradoiro de Emprego de Boiro por prestarvos a ser os nosos primeiros visitantes, pola paciencia e polo apoio que nos destes en todo momento.

Tedes máis información no blog de 5º.

Ningún comentario:

Publicar un comentario