2 de xuño de 2022

Mercedes Peón

Hoxe a Radio BBS emitiu en directo, no recreo, un programa sobre a artista galega Mercedes Peón. Icía, Iván e Alejandro, de 5º, elaboraron o programa e hoxe estiveron nos micros, descubríndonos a unha das grandes intérpretes da música galega e pinchando a súa música. Na parte técnica estivo Alex. 

A radio é vosa, rapazas e rapaces! Dá gusto!

Ningún comentario:

Publicar un comentario