 Este venres, despois de 2 anos e 3 meses, volvemos ter contacontos no recreo 🎉🎉
Este venres, despois de 2 anos e 3 meses, volvemos ter contacontos no recreo 🎉🎉
Icía e Carla contáronos Na busca dun fogar, de Alexis Deacon,  ilustrado por Viviane Schwarz. Na busca dun fogar é  unha historia preciosa, sorprendente e divertida, que ten unhas ilustracións moi coidadas e atractivas. Buscádeo na biblioteca, vaivos gustar. 
Foi emocionante volver escoitar contos na BBS, con público de todas as clases, compartindo o noso gusto polas boas historias.
Grazas, Carla e Icía!
Sodes unhas contadoras fantásticas!








 
Ningún comentario:
Publicar un comentario