Carla Rial, Icía e Carla Fungueiriño foron as contadoras desta semana. Escolleron un clásico moi divertido, A vella na botella de Roberto Mezquita.
Unha bruxa de pelo roxo, farta das queixas da súa veciña, decide un día lanzarlle un meigallo terrible e encerrala nunha botella:
Carne de burro, carne de can,
que te leve o furacán!
Por sorte, unha fada do bosque libera a vella do seu encerro e cúmprelle o seu desexo: vivir nunha casiña con horta, vacas e galiñas; pero a desagradecida muller axiña se mostrará descontenta e aspirará a unha vida mellor. Os seus desexos e constantes cambios de opinión fartarán á fada e... Buscádeo na biblio, é unha historia ben divertida e da que temos moito que aprender.
Hoxe no recreo... |
Moi ben, contadoras! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario