Hoxe tivemos a actividade de formación sobre os recursos do Espazo Argalleiro, que nos corresponde como parte do proxecto Biblioteca Creativa, no que a BBS participa desde xa hai uns anos. Escollemos unha sesión de xogos de mesa con Irimia e Alegría de Brazolinda e ao longo da mañá todo o alumnado do colexio pasou pola BBS para xogar, divertirse e aprender. Alumnado e profesorado puidemos descubrir e experimentar xogos que forman ou formarán parte dos recursos do noso Espazo Argalleiro. Pasámolo xenial! E seguirémolo facendo nos recreos, nas sesións de biblioteca de cada clase, polas tardes en familia... achegándonos ata o Espazo Argalleiro da BBS.
Grazas, Brazolinda!
Ningún comentario:
Publicar un comentario