14 de maio de 2023

Que nos gusta do Brea Segade?

Esta pregunta foi o punto de partida da sesión de Lectura e familias do mércores pasado. Armados das tablets grandes e pequen@s recolleron imaxes dos seus lugares favoritos do Brea Segade e despois comezaron a contar á cámara o porque das súas escollas. Foi o primeiro paso para a elaboración dun documental sobre o noso colexio no que contaremos coa participación de toda a comunidade escolar. E foi tamén unha toma de contacto cos recursos audiovisuais da BBS. Continuará...





Ningún comentario:

Publicar un comentario