30 de xaneiro de 2024

30 de xaneiro: A canción do cambio

Este 30 de xaneiro xuntámonos na biblioteca para ver e escoitar xuntos unha adaptación do poema de Amanda Gorman A canción do cambio, elaborada polo equipo de biblioteca. Despois destas semanas traballando sobre Castelao e os conflitos actuais, pensamos que a proposta de Amanda Gorman aos nenos e nenas, pedindo que alcedes a voz para conseguir un mundo mellor, era moi acaida. 

Este libro, que podedes atopar na BBS, serviunos tamén para elaborar os marcapáxinas conmemorativos que rematastes na clase personalizándoos e rematando cunha pomba de impresión 3D. 

Feliz, 30 de xaneiro!









Ningún comentario:

Publicar un comentario