Mirade que ben estiveron nas casas de Nerea e Breogán. Ata fixeron madalenas dun dos libros de cociña!
22 de marzo de 2018
Mochilas de primavera
As Mochilas Viaxeiras saíron de novo para pasar a Pascua nalgunhas das vosas casas.
Mirade que ben estiveron nas casas de Nerea e Breogán. Ata fixeron madalenas dun dos libros de cociña!
Mirade que ben estiveron nas casas de Nerea e Breogán. Ata fixeron madalenas dun dos libros de cociña!
Luces, cámara... Pontevedra!
O venres despedimos á nosa maqueta para o Salón do Libro de Pontevedra. Un ano máis participamos como centro convidado e un ano máis a maqueta é o resultado final de semanas de moito traballo compartido entre varias clases do colexio: boas lecturas, investigación, imaxinación e creación en grupo. Volvemos estar moi satisfeit@s co traballo feito, este ano sobre protagonistas femininas de conto e de película. Xa nos tarda ver o Salón do Libro abrir as súas portas e ver a nosa maqueta na exposición dos traballos dos centros de ensino.
![]() |
| A nosa cámara |
| Os libros |
![]() |
| Molan! |
| Os autores e autoras |
15 de marzo de 2018
Plantación en Filgueiras
O Movemento Veciñal Fousas ao Monte leva desde outubro traballando en Filgueiras, nuns terreos que para o noso colexio teñen un valor moi especial, porque neles, xa hai máis de vinte anos, os nenos, nenas e profesorado do Brea Segade fixeron unha plantación de árbores autóctonas. Co paso do anos as acacias e eucaliptos coméronlle o espazo ás arbores plantadas por aqueles nen@s e fixéronnas case desaparecer. Pero alí están, grandes e fortes! Despois de varias xornadas de traballo, Figueiras empezou a ter outro aspecto, como ten que ser!
Este sábado Fousas ao Monte convócanos a unha plantación para que entre tod@s recuperemos e conservemos os nosos montes.
Agardámosvos en Filgueiras este sábado, 17 de marzo, ás 10 da mañá! 💪
A bruxa regañadentes
Esta semana o conto do recreo foi dramatizado. Uxía Lorenzo, Uxía Lojo, Uxía López, Carlota, Paula, Julia, Marta e María representaron A bruxa regañadentes, de Tina Meroto e Maurizio Quarello, unha das historias de buxas que máis gusta no noso cole. Nunca nos cansamos de escoitar historias que nos gustan, por moi coñecidas que sexan, pero se ademais en vez de contala a representan... Encántounos!![]() |
| Bravo, artistas! |
Mulleres de conto e de película
Todo listo para levar mañá a nosa maqueta ao Salón do Libro de Pontevedra. Este ano o lema é Mulleres de conto. As nosas serán Mulleres de conto e de película. Aquí tedes un anticipo. Que ganas!
Seguiremos contando...
Seguiremos contando...
9 de marzo de 2018
Ernesto Bo Día
Sara e Sofía puxéronlle boa cara ao mal tempo coa divertidísima historia de Ernesto Bo Día de José Campanari e Joâo Vaz de Carvalho. Case, case parece que a historia pasou nalgunha das mañás desta semana cheas de chuvia, néboa e frío. Se Ernesto e a súa namorada poden con todo, nós tamén! Así que o mal tempo boa cara e boas historias que contar 😀![]() |
| Bravo, contadoras! |
7 de marzo de 2018
Mulleres de cine
As mulleres teñen un papel importante tamén no cine, aínda que non sempre se recoñeza. Ao longo do mes de marzo, traballaremos no centro sobre mulleres que tiveron e teñen moito que dicir no mundo do cine: produtoras, directoras, actrices, montadoras, figurinistas, maquilladoras, perruqueiras, cámaras, guionistas... Tantas e tantas mulleres imprescindibles e non sempre recoñecidas.
Mochilas en marzo
Sorteamos as mochilas de marzo que agora xa son dúas tamén en 3º.
Recén chegadas das casas, revisadas e postas de novo en circulación. Aquí as tedes nas casas de Clara e Héctor.
E aquí están os afortunad@s que as levaron hoxe, menos Carlota de 5º, que non chegou para a foto, pero si levou a Mochila.
Recén chegadas das casas, revisadas e postas de novo en circulación. Aquí as tedes nas casas de Clara e Héctor.
![]() |
| Clara |
![]() |
| Héctor |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










































