Un ano máis chegan os Encontros do Plambe, unha xornada para continuar formándonos, para compartir experiencias, para intercambiar ideas... para aprender. Porque os profes tamén temos que seguir aprendendo e no caso da nosa biblioteca temos a sorte de que o Plambe asegura esa formación curso a curso. Seguro que despois da xornada de mañá chegarán novas ideas e proxectos á BBS.
12 de abril de 2018
9 de abril de 2018
Paraugas 3D para María Canosa
O agasallo da BBS para María Canosa pola súa visita foi idea dos pequen@s, un paraugas-percha feito na nosa impresora 3D, para lembrarlle o moito que lles gustou O día que choveu do revés. Gustoulle moito!
Aos nenos e nenas de 2º tamén lles encantou levar cadanseu para casa como agasallo 😊. Mira a entrada que fixeron no seu blogue.
Aos nenos e nenas de 2º tamén lles encantou levar cadanseu para casa como agasallo 😊. Mira a entrada que fixeron no seu blogue.
Encontro con María Canosa
Hoxe María Canosa visitou a BBS. Tiñamos ganas de coñecela e non nos defraudou. Estivo primeiro cos maoir@s falando do oficio de escritora e tamén de Muriel e Rubicundo. Aos máis pequen@s contoulles O día que choveu do revés e despois contestou a unha morea de preguntas sobre os seus libros e o seu traballo. Pediunos que seguísemos lendo porque a ela lle encanta escribir e que a leamos. Farémolo!
![]() |
| Con 1º, 2º e 3º |
![]() |
| Asinando libros |
8 de abril de 2018
Abril, augas mil...
Abril, augas mil, se non é no comezo, ao medio ou á fin.
Este ano o refrán estase a cumprir, comezamos abril con chuvia, moita chuvia... En Segundo están a ler O día que choveu do revés de María Canosa, moi acaído para o tempo que estamos a ter. Unha cousa levou a outra e decidiron facer algo para o que necesitaban que a nosa impresora 3D comezara a funcionar. Que sera?
![]() |
| Parasoles? |
![]() |
| Paraugas? |
![]() |
| Paraugas, claro! |
7 de abril de 2018
María Canosa
O vindeiro luns María Canosa visitará a nosa biblioteca para falar con nós sobre a súa obra, especialmente sobre catro dos seus libros que estivemos a ler nas últimas semanas. Aquí tedes o tríptico que elaborou a BBS para preparar a súa visita.
Os inicios do cine
Ao longo desta semana,en tres quendas diferentes, os nenos e nenas de 2º presentáronnos na biblioteca un traballo sobre o cine que fixeron ao longo do 2º trimestre. Foi a súa primeira presentación e exposición en público e fixéronno moi ben. Noraboa polo traballo, 2º!
6 de abril de 2018
XIX Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra
Hoxe abre o Salón do Libro de Pontevedra. Este ano, como xa comentaramos nunha entrada anterior, o lema é: Mulleres de conto. Fermoso lema, que de seguro ha dar moito xogo.
O Salón do Libro de Pontevedra é unha cita obrigada, un referente para todos os que amamos a lectura, os libros e moi especialmente a literatura infantil. Temos ante nós 15 días para participar en todo tipo de actividades de animación á lectura e dinamización cultural, deleitarnos coa ambientación do Salón, visitar a exposición dos traballos dos centros escolares e descubrir ao país convidado deste ano, Mexico. Se isto fora pouco, para nós o Salón do Libro é especial porque, un ano máis, e xa van catro, quixemos implicarnos a tope, formar parte del e participar como centro convidado cunha maqueta e catro libros elaborados polo noso alumnado.
O noso colexio vistará o Salón o vindeiro martes 10 de abril, que ganas!
Convidámosvos a tod@s a facer unha escapada a Pontevedra nos vindeiros 15 días e descubrir o que o Salón preparou para nos sorprender. Estamos seguros de que pagará a pena.
Aquí tedes o programa para escoller ben cando vos achegar. E o enlace á páxina do Salón do Libro, que actualizaron este ano e ten moita información.
5 de abril de 2018
Mochilas Viaxeiras en abril
No mes dos libros as Mochilas continúan viaxe. Hoxe, recén chegadas da Semana Santa, saíron de novo. Boas lecturas para tod@s!
Coas Mochilas seguimos a descubrir o bos cociñeiros e cociñeiras que temos no cole. Aquí tedes a Julia que tivo Mochila en Semana Santa e ben se ve que lle quitou proveito. Graciñas!
![]() |
| Mmmm, pintaza! |
2 de abril de 2018
Día Internacional do Libro Infantil
Comezou abril, o mes dos libros e chegou o día grande da literatura infantil e xuvenil, o 2 de abril, data escollida por coincidir co nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen.
Os libros fan grande o máis pequeno
Aquí podedes ler o manifesto do Día Internacional do Libro Infantil publicado polo IBBY (International board on books for young people). Este ano Letonia foi o país encargado de realizar o manifesto e o cartel.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
































