10 de outubro de 2018

Animais de compañía




Imos ao teatro!  Mañá 1º, 2º, 3º e 4º irán ao Auditorio de Rianxo a ver a obra
Animais de compañía, un espectáculo de Teatro do Noroeste sobre un texto de Eduardo Alonso.

6 de outubro de 2018

Axudantes da BBS 2018-2019


Sopa de letras... verde

Pouco a pouco imos retomando a actividade .
Comezamos coas primeiras sesións de formación de usuarios e usuarias deste curso, clase a clase, acompañad@s das titoras e de membros do equipo da biblioteca. 
Normas, fondos, Clasificación Decimal Universal CDU, préstamos, proxecto de traballo deste curso... Cada grupo centrouse en diferentes aspectos, pero todos comezaron, como debe ser, cun conto. Este ano escollemos Sopa verde de Angela Madeira e Till Charlier, que parece que foi escrito para o noso proxecto deste curso: alimentación, ecoloxía e consumo responsable. 

Aquí tedes as primeiras imaxes da nosa volta á biblio. Que ganas tiñamos de estar de volta!



5 de outubro de 2018

27 de setembro de 2018

Ao encontro do Pozo Bastón

Mañá imos de camiñata polas terras do Araño! Este é o triptico co que preparamos a visita nas aulas.


23 de setembro de 2018

Mozambique

Este venres tivemos unha visita na nosa biblioteca: Uxía Cespón, educadora social do Concello de Rianxo e Elsa Dimande, tecnica de educación de Mozambique. Uxía xa estivera con nós o curso pasado para falarnos da súa experiencia de Vacacións con Traballo en Mozambique dentro dun programa do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Elsa  veu a Galicia por primeira vez este ano para coñecer a realidade do traballo nos concellos e de paso compartir a súa experiencia en Mozambique. Tivemos a sorte de que Uxía nos ofertara un encontro con ela, e non o dubidamos. Foi moi interesante escoitar de primeira man como é a realidade dos nenos e nenas nun país africano e poder interesarnos e preguntar polos seus xogos, as súas escolas, a alimentación...

Grazas Elsa e Uxía por compartir o voso tempo con nós!






12 de setembro de 2018

Pirámide dos alimentos

Seguimos apañando pistas de por onde irá o PDI (Proxecto Documental Integrado) deste curso. Despois da Hora de Ler toda a escola colaborou para completar unha pirámide alimentaria xigante na entrada do centro. Alimentación? Saúde? 😉











Hora de Ler

No primeiro día de curso cada titoría recibiu recado da BBS para achegarse a buscar algo...

Caixas de libros para a Hora de Ler!






Cada clase marchou cos primeiros fondos para as bibliotecas de aula, unha escolma feita pola BBS para comezar desde o 1º día coa Hora de Ler. Ao longo do curso iremos cambiando os fondos das bibliotecas de aula, sendo xa o alumnado e @s titor@s quen escolla.






Bo curso e boas lecturas para tod@s!

De volta!

Xa estamos de volta! A Biblioteca Brea Segade non abrirá as súas portas ata outubro, pero hoxe xa puidemos ver que algo se está tramando...


Unha pota? Un caldeiro? 😮😏
Estade atent@s ao que vaia aparecendo cada día.