Continuamos investigando e traballando coa información sobre alimentos. Xa temos os primeiros libros con lapelas feitos neste obradoiro. Mirade que bo traballo!
10 de febreiro de 2019
2ª quenda de stop motion
Continuamos creando cunha das nosas ferramentas favoritas, desta vez traballando con textos e probando a introducir audios.
2ª quenda de impresión 3D e espazo argalleiro
Desta vez ademais de "destripar os misterios" da impresora 3D e os escornabots, comezamos a crear os nosos propios deseños para imprimir e para xogar cos escornabots. Estamos en proceso, xa vos contaremos...
2ª quenda de cociña
Este venres comezamos coa 2º quenda dos obradoiros deste trimestre: novos grupos, novas actividades e as mesmas ganas de aprender e pasalo ben.
Cociñeiros e cociñeiras do Brea Segade 😍:
Cociñeiros e cociñeiras do Brea Segade 😍:
A miña profe é un monstro

A miña profe é un monstro! de Peter Brown.
Con este título e esta ilustración na cuberta imposible non achegarse a abrir o libro. Elas fixérono por nós e fixérono moi ben, son xa unhas expertas!
Non deixedes pasar este conto, unha boa historia con ilustracións moi divertidas e final sorprendente. Buscádeo na BBS!
![]() |
Moi ben, contadoras! |
Plantación 2019
Hai máis de 20 anos a comunidade escolar do CEP Brea Segade fixo unha plantación de árbores autóctonas en Filgueiras, esta semana revivimos a experiencia moi cerquiña de onde xa medran fortes as árbores plantadas daquela.
Foi emocionate ver como se mantén no tempo o compromiso do noso colexio e da comunidade á que pertencemos co noso monte e co medio ambiente.
Noraboa e grazas a tod@s!
9 de febreiro de 2019
Con Emilio Saborido
Esta semana celebramos no noso colexio o Día da Paz. Tivemos que agardar polo tempo seco, porque a nosa celebración consistiu nunha plantación na baixada de Campo Maneiro cara a Corques, xusto por riba de Filgueiras.
No cole pensamos que plantar todo@s xuntos árbores autóctonas é unha das mellor maneiras de poñer de manifesto o noso compromiso coa Paz e coa Terra e que para garantir o noso futuro precisamos da non violencia e de intervencións a favor do medio ambiente e do desenvolvemento sostible.
Comezamos a mañá cunhas charlas impartidas por Emilio Saborido, presidente da nosa ANPA, presidente da Comunidade de Montes de Taragoña, membro fundador e moi activo do Colectivo Veciñal Fousas ao Monte, pai de Emilio de 1º e antigo alumno do Brea Segade. Con todos estes méritos, tal e como xa sabiamos, as charlas foron unha pasada, moi interesantes e moi dinámicas. Emilio axudounos a entender porque repoboar con árbores autóctonas é tan importante, cales son as consecuencias do monocultivo e invasión dos eucaliptos e acacias para o noso país, que especies plantar, como plantar... Fomos pasando pola biblioteca en pequenos grupos, para ver e escoitar de cerca e para poder preguntar. Ao rematar estabamos list@s para ir á plantación 💪😀
Grazas, Emilio, por compartir o teu tempo e o teu saber con nós.
7 de febreiro de 2019
Máis Mochilas Viaxeiras
Libriño no Castro Barbudo
Desta vez Libriño quedou ben cerca da escola, nun dos lugares máis fermosos do noso municipio: O Castro Barbudo.
Unha vez máis todos/as resolvestes o reto, ben feito! Alexander e Breogán ademais de resolvelo achegáronse ata alá e quitaron a foto no mesmo lugar que Libriño. Moitas grazas, Breogán e Alexander!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)