Rematou xaneiro, mes no que traballamos sobre Castelao, a Paz e a non Violencia.
2 de febreiro de 2018
Día da Paz e a Non Violencia
25 de xaneiro de 2018
Oito Mochilas Viaxeiras
Hoxe saíron de novo as Mochilas Viaxeiras! Desta vez foron oito, dúas para as clases de 6º e 4º, as máis numerosas do colexio, asegurando así que chegarán a todas as casas.
23 de xaneiro de 2018
Pulga e xigante
6ª viaxe das Mochilas Viaxeiras
Xa están de volta as Mochilas Viaxeiras, preparadas para saír de novo mañá. Así de ben estiveron nas casas de Paula, Lola e Alba. Graciñas!
21 de xaneiro de 2018
Lecturas compartidas
Comezaron as "Lecturas compartidas" na Hora de Ler. Os axudantes de 6º leron cos nenos e nenas de 1º e 2º. As imaxes dinno todo! 😄
20 de xaneiro de 2018
Charles Chaplin nas seccións bilingües
As Seccións Bilingües continúan traballando sobre cine. Nesta ocasión despois de ver algúns fragmentos de cine mudo e descubrir os seus principais representantes, elaboraron estes títeres de Charles Chaplin nas clases de Plástica de 2º e 4º.
10 de xaneiro de 2018
Mochilas Viaxeiras no 2018
9 de xaneiro de 2018
De volta!
29 de decembro de 2017
Impresión 3D
Desde finais do curso pasado temos na BBS unha impresora 3D, que chegou a nós por estar no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia e máis concretamente no Proxecto Escornabots na Biblioteca Escolar, do que formamos parte desde o 2016 e co que chegaron eses pequenos robots que dan nome a noso Espazo Escornabots. Empezamos a usala este curso, primeiro aprendendo e fedellando os profes, para poder chegar a usala tod@s, como un recurso máis para o ensino e a aprendizaxe no colexio.
Para rematar o trimestre, ademais de que tod@s puideramos ver á impresora 3D "en acción" e coñeceramos o programa que empregamos para traballar con ela, quixemos crear o noso primeiro agasallo de "produción masiva" para alumnado, profesorado e traballadores do cole. Escollemos un detalle que tivera que ver co proxecto deste curso e... mans á obra!
![]() |
| Deseñando no programa Cura |
![]() |
| Fedellando co programa Cura |
![]() |
| Empezando a imprimir |
![]() |
| Flipando! |
![]() |
| Unha "fornada" de cámaras |
![]() |
| Ohhh! |
![]() |
| Seguimos imprimindo |
![]() |
| Vai indo... |
![]() |
| Molan! |
No 2018, máis impresión 3D!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
























































