8 de abril de 2018

Lendo a María Canosa

Estes son os libros de María Canosa que estivemos a ler nas clases.

1º e 2º



5º e 6º

Abril, augas mil...

Abril, augas mil, se non é no comezo, ao medio ou á fin. 
Este ano o refrán estase a cumprir, comezamos abril con chuvia, moita chuvia... En Segundo están a ler O día que choveu do revés de María Canosa, moi acaído para o tempo que estamos a ter. Unha cousa levou a outra e decidiron facer algo para o que necesitaban que a nosa impresora 3D comezara a funcionar. Que sera? 

Parasoles?

Paraugas?





Paraugas, claro!

7 de abril de 2018

María Canosa

O vindeiro luns María Canosa visitará a nosa biblioteca para falar con nós sobre a súa obra, especialmente sobre catro dos seus libros que estivemos a ler nas últimas semanas. Aquí tedes o tríptico que elaborou a BBS para preparar a súa visita.


Os inicios do cine

Ao longo desta semana,en tres quendas diferentes, os nenos e nenas de 2º presentáronnos na biblioteca un traballo sobre o cine que fixeron ao longo do 2º trimestre. Foi a súa primeira presentación e exposición en público e fixéronno moi ben. Noraboa polo traballo, 2º!




6 de abril de 2018

XIX Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

Hoxe abre o Salón do Libro de Pontevedra. Este ano, como xa comentaramos nunha entrada anterior,  o lema é: Mulleres de conto. Fermoso lema, que de seguro ha dar moito xogo.
O Salón do Libro de Pontevedra  é unha cita obrigada, un referente para todos os que amamos a lectura, os libros e moi especialmente a literatura infantil. Temos ante nós 15 días para participar en todo tipo de actividades de animación á lectura e dinamización cultural, deleitarnos coa ambientación do Salón, visitar a exposición dos traballos dos centros escolares e descubrir ao país convidado deste ano, Mexico.  Se isto fora pouco, para nós o Salón do Libro é especial porque, un ano máis, e xa van catro, quixemos implicarnos a tope, formar parte del e participar como centro convidado cunha maqueta e catro libros elaborados polo noso alumnado. 
O noso colexio vistará o Salón o vindeiro martes 10 de abril, que ganas!
Convidámosvos a tod@s a facer unha escapada a Pontevedra nos vindeiros 15 días e descubrir o que o Salón preparou para nos sorprender. Estamos seguros de que pagará a pena.

Aquí tedes o programa para escoller ben cando vos achegar. E o enlace á páxina do Salón do Libro, que actualizaron este ano e ten moita información.

5 de abril de 2018

Mochilas Viaxeiras en abril

No mes dos libros as Mochilas continúan viaxe. Hoxe,  recén chegadas da Semana Santa, saíron de novo. Boas lecturas para tod@s!


Coas Mochilas seguimos a descubrir o bos cociñeiros e cociñeiras que temos no cole. Aquí tedes a Julia que tivo Mochila en Semana Santa e ben se ve que lle quitou proveito. Graciñas!
Mmmm, pintaza!



2 de abril de 2018

Día Internacional do Libro Infantil

Comezou abril, o mes dos libros  e chegou o día grande da literatura infantil e xuvenil, o 2 de abril, data escollida por coincidir co nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. 

Aínda non estamos de volta, pero hoxe, como o resto do ano:

 Os libros fan grande o máis pequeno
Aquí podedes ler o manifesto do Día Internacional do Libro Infantil publicado polo IBBY (International board on books for young people).  Este ano Letonia foi o país encargado de realizar o manifesto e o cartel.

28 de marzo de 2018

A bruxa regañadentes no xantar dos axudantes

Xantar dos axudantes da BBS

O xoves 22 os axudantes da BBS tiveron a súa segunda xuntanza-xantar deste curso. O tempo deunos unha tregua e poidemos comer en Campo Maneiro, xogar ás agachadas e ao brilé, ver unha peli e ver a un grupo de 5º dramatizando A bruxa regañadentes. Unha xornada ben completa!







26 de marzo de 2018

Día da Poesía

Celebramos o Día da Poesía participando na conmemoración dos 90 anos da publicación de De catro a catro, de Manuel Antonio. Os actos estiveron organizados polo Concello de Rianxo e buscaban homenaxear ao poeta rianxeiro enchendo ás rúas dos seus versos e de debuxos que ilustraran os seus poemas.

Decatroacatro from Biblioteca Brea Segade on Vimeo.