10 de marzo de 2020

Especial Salón do Libro

https://drive.google.com/file/d/1iRanbUnWELgSelIMuYBFSYKOdWjvZf5I/view?usp=sharing
Novo programa do obradoiro de radio, nesta ocasión sobre a nosa participación no Salón do Libro de Pontevedra.

Escóitao AQUÍ ou premendo no logo da Radio BBS.

8 de marzo de 2020

A fondo

Nova entrega do obradoiro de Radio e TV. Neste caso estreamos programa A fondo programa da BBS TV no que presentaremos resultados de pequenas investigacións sobre diferentes temas.Seguimos argallando, fedellando e aprendendo 😉

7 de marzo de 2020

XXI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

Xa está aquí!!
Este ano os escritor@s homenaxeados son Helena Villar Janeiro e Kiko da Silva. 
Consultade o programa e non deixedes de ir.

Obradoiros: venres creativos

Como nos prestan as mañás dos venres!😍












8º equipo de axudantes

Con eles rematamos a primeira quenda de todos os equipos que temos este curso. Tiveron que agardar e sabemos que tiñan ganas, pero nesta semana traballaron arreo e compensaron a espera: revisar, sortear e repartir mochilas, repoñer libros nos andeis, levar control do uso dos ordenadores... Outro equipazo de axudantes, e son oito! Que sorte temos na BBS! Agora a continuar traballando, empezamos nova rolda.





Moi ben!


5 de marzo de 2020

Mochilas de marzo


Pasan os meses e as Mochilas Viaxeiras, pouco a pouco, van chegando a todas as casas. Hoxe saíron de novo, última viaxe do inverno. ⛈

4 de marzo de 2020

Contos de cabuxas

Hoxe, na Hora de Ler,  algúns dos axudantes da BBS compartiron lecturas cos nenos e nenas de 1º, 2º e  3º. Foron contos moi especiais, contos de cabuxas. Buscamos contos nos que as cabras foran protagonistas ou nos que se falara delas. Atopamos moitos e escollemos tres, para ir comezando: A cabra boba, Os sete cabritiños e A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza, que recolle coma ningún a cantidade e calidade de excrementos que as cabuxas soltan, as nosas tamén 😂😂. 
Moi ben, rapaces e rapazas! Xeniais eses contos de 🐐🐐
 












Que chova!

Así de vivos e animados son os recreos na BBS estes días de chuvia.













Cadernos de Viaxe 7

Xa volveron as Mochilas Viaxeiras despois de pasar o Entroido en Taragoña e o Araño. Traen opinións, debuxos e moitas lembranzas e ideas sobre o mar. Seguimos encantadas coa participación e as achegas que nos chegan de cada viaxe.
Grazas a Sabela, Jorge, Froilán, Dani, Carla, Sabela, Rafa e Tiffany e ás vosas familias.