29 de novembro de 2017
Gravando cos móbiles
Na segunda sesión do obradoiro aprendemos a sacarlle partido á cámara de vídeo dos nosos móbiles; continuamos descubrindo trucos e posibilidades.
27 de novembro de 2017
Lost property
No obradoiro de fotografía e vídeo con móbiles estamos vendo unha curta como remate de cada sesión. Son obras descoñecidas para a maioría dos que asistimos ao obradoiro, que nos están sorprendendo e gustando moito. Compartimos con vós a primeira delas, Lost property, para que tod@s pensemos un pouco sobre o valor da fotografía.
25 de novembro de 2017
Rianxo en negro
O noso concello sumouse á campaña "Concellos en negro" para manifestar o compromiso na loita para a eliminación das violencias machistas. Convidáronnos a participar da campaña e non o dubidamos, o noso colexio tamén é un:
Espazo Libre de Violencias Machistas
Axudantes. Grupo 6
Tío Lobo

Pagou a pena agardar porque a historia de Carmela e o lobo é ben diferente de todas as demais historias de lobos; é moi divertida, ben acaída para este tempo de chulas e larpeiradas con cabazas e castañas e ten un final sorprendente. Ademais dá gusto escoitar a estas catro contadoras, que nos tiveron enganchad@s ata o final.
![]() |
Moi ben! |
22 de novembro de 2017
2ª viaxe das Mochilas Viaxeiras
As Mochilas continúan chegando ás casas do Araño e Taragoña e vós seguides deixándo constancia de que están a ser moi ben acollidas. Mirade, mirade que ben estiveron con Froilán, Uxía e Hugo! Graciñas!!
20 de novembro de 2017
Fotografía cos móbiles
Hoxe, con Fran Gómez, empezamos a ver as posibilidades dos móbiles para facer fotografías. Encantounos ver a biblioteca ateigada de familias falando de fotografía e fedellando cos móbiles. Fixemos algúns "descubrimentos" nas cámaras dos nosos móbiles e ata levamos "deberes". Seguiremos fedellando...
19 de novembro de 2017
15 de novembro de 2017
Contín contón

![]() |
Moi ben, contadoras! |
12 de novembro de 2017
Axudantes. Grupo 4
Novo grupo de axudantes que rematou a súa primeira semana de traballo na biblioteca. Desta vez sortearon, revisaron e repartiron Mochilas Viaxeiras, selaron novidades, emprestaron libros para as aulas, repuxeron libros nos andeis...Traballaron duro e ben 😀 E asinaron os seus contratos, claro.
![]() |
Ben feito! |
8 de novembro de 2017
Marcharon de novo!
Só unha noite de descanso no cole e de volta ao camiño! Hoxe saíron as Mochilas Viaxeiras na súa segunda viaxe.
7 de novembro de 2017
1ª Viaxe das Mochilas Viaxeiras
Hoxe chegaron de volta as Mochilas Viaxeiras despois de dúas semanas de "andar polo mundo". Este ano pedímosvos que, ademais de escribir nos Cadernos de Viaxe, nos enviedes, se podedes, foto das Mochilas nas vosas casas, para ver como lles vai 😀


Aquí podedes ver o ben que estiveron as Mochilas nas casas de Abel, Alonso, Irene e Noa durante estas dúas semanas. Graciñas!


A cabra boba
Hoxe voltaron os contacontos aos recreos da BBS!
Xa
tiñamos ganas deles e comezamos do mello xeito posible: dúas contadoras
de primeira, unha historia divertida e unhas ilustracións moi cómicas. A cabra boba de Pep Bruno e Roger Olmos foi o conto que escolleron Ainara e Clara para abrir a tempada de contacontos. A
historia fálanos de Miguel, que, despois de buscala por toda a aldea,
atopou a súa
cabra subida nun tellado. "Pensará que é un catavento?, ou unha
cheminea?, ou quizais un gato?", preguntábase Miguel. Como faría para
baixala? Se non viñestesd no recreo buscade o conto na BBS, paga a
pena.
Grazas contadoras, encantounos!
![]() |
Bravo! |
E a ti, que che gusta da BBS? Capítulo III
E aquí vai a terceira e última entrega da gravación que realizamos na semana do Día da Biblioteca. Moitas grazas a tod@s os que participastes, diante e detrás da cámara.
E a ti que che gusta da BBS? Capítulo III from Biblioteca Brea Segade on Vimeo.
Por 365 Días das Bibliotecas ao ano!
6 de novembro de 2017
5 de novembro de 2017
Axudantes. Grupo 3
Terceiro grupo de axudantes que pasa pola biblioteca. Desta vez etiquetaron e selaron novidades, prepararon todo para comezar cos contacontos do recreo a semana que vén, repuxeron libros nos andeis e controlaron ordenadores e escornabots. Traballaron duro, outro grupo contratado👌
![]() |
Contratad@s! |
![]() |
Bo traballo! |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)