18 de decembro de 2017

Presentación Tempo de acivros, Tempo de libros

O venres pasado presentouse no Auditorio de Rianxo o tríptico de recomendacións de lectura de cinco das bibliotecas rianxeiras. O noso colexio estivo representado por un grupo de axudantes da BBS, que fixo unha lectura dramatizada de dúas obras: A avoa ganster de David Walliams e Os arquivos secretos de Escarlatina de  Ledicia Costas. 

Aquí tedes aos nos@s teatreir@s...
antes de saír a escena.
Estiveron xenial! Como xenial estiveron tamén os nenos e nenas do CEIP Ana Mª Diéguez, do CRA de Rianxo e do CEIP A.D.R. Castelao. Entre tod@s fixemos unha festa ao redor da lectura e a cultura, co Auditorio cheo para escoitar falar de libros.

Saúdo final



Fran Regenjo representando aos lectores adult@s

Os arquivos secretos de Escarlatina


A avoa gánster


E por se todo isto fora pouco, o acto estivo conducido por un cociñeiro moi especial, que nos falou de Don Quixote e aínda dou feito un guiso que puidemos probar ao rematar. Incrible pero certo!




Un ano máis, foi un éxito. Grazas a tod@s, grandes e pequenos, os que fixestes realidade a guía e a súa presentación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario