20 de decembro de 2017

Xantar dos axudantes da BBS

O luns pasado tivemos o primeiro xantar deste curso dos axudantes da BBS. Fixo bo día, frío pero bo, así que puidemos continuar coa tradición de comer no Campo Maneiro e xogar ás agachadas coma sobremesa. Como nos gusta ese plan!







Grupazo!
De volta no cole e despois dunha partida inacabada de brilé tivemos a sorte de que os compañeiros/as que nos representaron na presentación de Tempo de acivros, tempo de libros, repetiran as actuacións para nós.

Ouro, prata



E  este ano tivemos unha actividade diferente relacionada coa campaña da biblioteca deste curso. Coa axuda de Fran Regenjo traballamos sobre o retrato fotográfico e en equipos realizamos retratos en movemento.



Un xantar ben completo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario