Hoxe o tempo deunos unha tregua e puidemos celebrar o Magosto, ata vimos o sol!
O primeiro, despois da Hora de Ler, foi visita, en Campo Maneiro, a plantación de árbores autóctonas na que participaramos nen@s e mestr@s do colexio hai uns anos o que hai pouco limparon veciños e veciñas do colectivo Fousas ao Monte.
Que gusto ver carballos e castiñeiros medrando fortes! Temos que seguir plantando e limpando o monte! Grazas, Fousas ao Monte!
No noso monte :-) |
E despois... Magosto no cole! Xogos populares, deportes e castañas. Que ben o pasamos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario