Este mércores tivemos no colexio unhas charlas e obradoiros do Programa Cores de Educación para o Consumo Responsable, coordinado polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia da Xunta de Galicia.
Ao longo da mañá participamos todos os cursos do colexio e traballamos sobre: alimentación e etiquetado, comercio xusto e publicidade.
Foi moi interesante e deixou abertos moitos temas para continuar traballando e aprendendo sobre consumo responsable e alimentación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario