15 de decembro de 2018

Lecturas compartidas

Esta semana grupos de axudantes da BBS compartiron lecturas na Hora de Ler cos nenos e nenas de 1º, 2º e 3º. Escolleron as obras que querían levar ás aulas dos pequen@s, preparáronas a conciencia e déronlles unha sorpresa. Como gustaron eses contos nas clases de 1º, 2º e 3º!  Todos quedaron con ganas de repetir, os que contaban e os que escoitaban, haberá que tomar boa nota.

Noraboa axudantes/as! Que ben o fixestes!



O pito cairo en 1º



Lucas e o oso en 2º

A casa da mosca chosca en 3º


Ningún comentario:

Publicar un comentario