Ao longo de novembro e primeiras semanas de decembro traballamos nas aulas sobre ciencia, sumándonos á campaña da Asesoría de Bibliotecas Escolares, Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas.
Decidimos realizar experimentos, seguindo o método científico, nos que a alimentación e os alimentos foran protagonistas, para integrar as actividades no noso PDI deste curso: Decotío, sopa de letras. Cada aula escolleu e levou a cabo a súa experimentación e despois compartiu resultados en form,a de murais, artigos para o xornal BBS, entradas no blog de aula...
O que nos quedou claro a todos é que experimentar axuda a aprender e que queremos seguir facendo ciencia en galego ... todo o curso. 😉
Mes da Ciencia en Galego no blog de Terceiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario