O mércores foi o día en que todo o cole se achegou ata o Auditorio de Rianxo para visitar a exposición do LIX Rianxo e participar nunha das actividades de animación á lectura para centros escolares que se están a desenvolver ao longo de toda a semana.
Raquel Queizás levounos, nunha viaxe ao pasado, ata a vida da incrible Alice Guy, unha das creadoras do cinema. Tivemos a sorte de asistir a un espectáculo fantástico que combina teatro, historia e cinema, para dar a coñecer unha figura inxustamente esquecida polo feito de ser muller. Grazas, Raquel, por demostrar que podemos aprender divertíndonos e por crear un espectáculo que nos fai pensar e nos anima a loitar contra a desigualdade e a discriminación.
Imaxes tomadas do Facebook de LIX Rianxo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario