Este xoves celebramos no cole o Festival das Letras, organizado pola Aula de Música e o Equipo de Dinamización Lingüistica. Boa parte dos temas interpretados polo alumando do cole procedían da obra de Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade Paredes, Cantan os nenos. O libro de María.
Un ano máis, quedamos abraiados coas interpretacións dos nosos nenos e nenas, coa calidade do repertorio e dos arranxos e co seu saber estar enriba do escenario e tamén como público. Todo isto é froito do traballo ao longo de todo o curso e sobre todo da sensibilidade e a dedicación do noso profe de música. Noraboa, José Luis!
Parabéns a tod@s! Sodes uns artistas!
Magnífico traballo, abofé. Moi agradecidos farémosvos axiña unha visita. Apertas a repartir.
ResponderEliminarMagnífico traballo. Iremos vervos axiña para volo agradecer. Mentres tanto, apertas a repartir.
ResponderEliminarEncantados de que veñades compartir tempo e sabiduría con nós. Os nenos e nenas do Brea Segade están desexando poñerlles cara aos autores deses poemas que tan ben coñecen. Agardámosvos na Biblioteca Brea Segade. Apertas
ResponderEliminar