Queremos expresar a nosa indignación e a nosa solidariedade cos compañeiros e compañeiras do CRA de Rianxo e do colectivo Fousas o Monte. Parece mentira que haxa quen destrúa o traballo dos meniños e meniñas a prol do noso medio natural. Compartimos co CRA e con Fousas ao Monte o noso compromiso co medio ambiente e co futuro dos nenos e nenas. Denunciamos con eles esta sabotaxe a unha plantación moi similar á que nós fixemos en xaneiro e coma eles seguiremos plantando, coidando e defendendo o nosos montes e o noso patrimonio natural.
Ningún comentario:
Publicar un comentario